SEICA DISQUE

No ano 2010 foi cando, por fin, lle puxemos nome ao Grupo San Roquiño, e esta é a primeira película que gravamos co noso recén adquirido nome. 

Ramona, unha nai desesperada por casar ao seu fillo, "remove Roma con Santiago" para atopar unha boa moza casadeira, creándose situacións cada vez máis delirantes. 

Rodada integramente en Goián, os seus exteriores son unha pasada. Seica disque anda o Spielberg con ganas de gravar algunha peli súa por aquí.